Nº 22 - novembro 2010

PDF > Boletín Nº 22 - novembro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

Recentemente a Consellería de Traballo e Benestar celebrou unha xornada sobre responsabilidade social empresarial na que participou Juan de la Mota, representante do Pacto Mundial das Nacións Unidas, órgano que leva mais de dez anos intentando introducir esta ferramenta en todo tipo de entidades coa finalidade de concienciar as mesmas na busca do beneficio tendo en conta o respecto social e medioambiental.

 Dentro da web do Pacto Mundial das Nacións Unidas existen ferramentas gratuítas para a implantación da RSE en dúas versións, unha para grandes empresas e outra para pemes, ao marxe doutros talleres gratuítos.
 
A Consellería de Traballo e Benestar ten a intención de difundir esta política entre as empresas do ámbito galego, o cal reflectirase no Plan estratéxico 2011-2014 que se está discutindo na actualidade e que neste ámbito, basearase en que as empresas teñen como primeiro obxectivo os beneficios, pero tendo en conta outros factores como as relacións cos seus propios traballadores mellorando por exemplo a conciliación coa vida persoal e o seu grado de satisfacción co traballo, dando maior confianza aos provedores e aos clientes e sempre tentando que a súa producción cause o menor dano posible ao medo ambiente no que viven. Outras iniciativas serán a posta en marcha dun premio anual que recoñeza a aplicación destas ferramentas e que outorgue un distintivo aos agraciados, así como o acceso a asesoramento e unha liña de axudas.
 
Todas estas medidas pretenden aumentar o coñecemento e uso destas novas ferramentas e metodoloxías que ata agora aínda resultan pouco coñecidas dentro do ámbito galego.
 
Fonte: Voz de Galicia
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org