Nº 15 - abril 2010

PDF > Boletín Nº 15 - abril 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN) presenta o Plan INNOVACCION 2010

O Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN) presentou o Plan INNOVACCION 2010, onde se recollen as liñas estratéxicas e as accións concretas do Ministerio de Ciencia e Innovación para o fomento da innovación e contribución ao cambio de modelo produtivo.

Trátase dun Plan enfocado a contribuír á consecución dos obxectivos da Estratexia Estatal de Innovación marcados para o ano 2015, que se concretan na necesidade de mobilizar da orde de 6.000M€ de investimento privado (1,9% do PIB) e en duplicar o perímetro de empresas que fan innovación, incorporando 40.000 empresas máis, ademais de aumentar o número de empregos cualificados.
 
O Plan INNOVACCIÓN 2010 supón unha inversión directa en I+D+i de 2.600M€ para todas as actuacións convocadas no ano 2010. Estrutúrase en sete convocatorias competitivas, catro accións financiadas e tres iniciativas de carácter non financeiro.
 
Co Plan INNOVACCION 2010, o Ministerio ten previsto xerar máis de 93.000 empregos cualificados e 3.900 novas empresas innovadoras ou empresas que empecen a innovar. Así mesmo, pretende retornar preto de 700M€ da Unión Europea a través de programas como o 7º Programa Marco, ou os Fondos FEDER da Unión Europea, dentro do Programa Operativo Fondo Tecnolóxico, entre outros. Respecto ao investimento privado mobilizado en I+D+i, o Ministerio pretende alcanzar os 5.000M€.
 
O Plan INNOVACCIONN busca unha simplificación das convocatorias para adecualas ao mercado.
 
Este conxunto de convocatorias encádranse dentro dos 5 eixes nos que se estrutura a Estratexia Estatal de Innovación, e cada unha delas está focalizada en actuacións relevantes para conseguir os nosos obxectivos: INNPLANTA de apoio a infraestruturas, no eixe de cooperación territorial; INNOEUROPA, no eixe de Internacionalización, busca incrementar os retornos europeos; INNCIDE no centro do pentágono fomenta as organizacións de transferencia de tecnoloxía; INNFLUYE e INNPACTO no eixe mercados, a colaboración público-privada; INNOCAMPUS, no centro e no eixe persoas, a excelencia en ciencia e innovación nas universidades; e INNCORPORA no eixe Persoas.
 
O Plan INNOVACCION é unha das accións de desenvolvemento da Estratexia Estatal de Innovación, a E2i, xunto cos programas de axudas do CDTI (organismo adscrito ao MICINN), das accións interministeriais, ou as accións en cooperación con Comunidades Autónomas, entre outras actuacións.
  
Máis información sobre o Plan INNOVACCION na páxina web do MICINN (www.micinn.es)

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org