Nº 17 - xuño 2010

PDF > Boletín Nº 17 - xuño 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
A REFORMA DO MERCADO DE TRABALLO

O Goberno a través do Real Decreto- lei 10/2010, de 16 de xuño dispón as medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo español.

Ante a situación económica mundial na que nos atopamos o Goberno nacional puxo en marcha unha serie de medidas que teñen como obxectivos fundamentais reducir a dualidade do mercado laboral, reforzar os instrumentos de flexibilidade interna no desenvolvemento das relacións laborais e elevar as oportunidades das persoas desempregadas.
 
Das presentes medidas deterémonos nas seguintes por ter un carácter determinante polas súas modificacións:
 
- Medidas para reducir a dualidade e a temporalidade do mercado de traballo
As presentes medidas abarcan os contratos temporais, os contratos indefinidos e a extinción do contrato de traballo.
 
1. Contratos temporais: Engádese unha serie de limitacións aos contratos temporais a través das cales o contrato do traballador adquirira a condición de indefinido. Deste xeito os traballadores que nun período de 30 meses estiveran contratados durante un prazo superior de 24 meses, para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa o grupo de empresas, mediante dous ou mais contratos temporais, adquirirán a condición de traballadores fixos. No caso dos contratos por obra e servizo a limitación estará nos 3 anos, ampliable a 12 meses mais dependendo do convenio colectivo polo que se rexa.
 
Por outra banda a indemnización pola finalización dos contratos temporais tamén esta suxeita a modificacións, ampliándose ata 12 días de modo gradual no tempo.
 
2. Extinción do contrato de traballo: Abarca unha nova concepción sobre o despido colectivo, onde a extinción do contrato de traballo poderá estar fundada en causas económicas, técnicas, organizativas e de produción nun período de 90 días afectando polo menos a: 10 traballadores nas empresas que ocupen menos de cen, o 10% do número de traballadores naquelas que ocupen entre 100 – 300 traballadores, e 30 traballadores nas empresas de 300 e máis traballadores. Este tipo de despido tamén pode abarcar a totalidade do equipo sempre que sexa unha cesión total da actividade e o número de traballadores afectados na cesión sexa superior a 5.
 
3.- Contrato do fomento da contratación indefinida: Tipoloxía de contrato que abarca a colectivos específicos como traballadores desempregados inscritos nas oficinas de emprego con condicións específicas, e traballadores que estiveran contratados baixo un contrato temporal e transformárase en indefinido. A contía da indemnización da extinción dos presentes contratos será de 33 días do salario por ano de servizo.
 
- Medidas para favorecer o emprego da mocidade e das persoas desempregadas
A presente medida dálle un peso específico aos contratos formativos, diferenciando entre contratos de traballo en prácticas e os contratos para a formación.
 
Poderán ser beneficiarios dun contrato de traballo en prácticas aqueles que estivesen en posesión do título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, dentro dos 5 anos seguintes a finalización dos correspondentes estudos. Co presente posto o traballador obterá as prácticas profesionais adecuadas o nivel de estudos cursado e a duración dos contratos abarcará dende os 6 meses ata os 2 anos. A retribución dos traballadores non poderá ser inferior ao 60 ou ao 75 por cen no primeiro ou segundo ano do salario fixado no convenio para un traballador que desempeñe o mesmo posto ou equivalente.
 
Por outra banda posúe unha importante cabida na presente medida os contratos para a formación, os cales, teñen como obxecto proporcionar a adquisición da formación teórico e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación e se limita a traballadores entre 16 – 21 anos, ampliándose no caso do alumnado – traballador das escolas de oficios obradoiros de emprego e casas de oficio. A duración dos contratos poderá abarcar dende os 6 meses ata os 2 anos, e o salario variará entre o primeiro e o segundo ano, tendo sempre como base mínima o salario mínimo interprofesional. A acción protectora da Seguridade Social do traballador contratado comprenderá tódalas continxencias, situacións protexibles e prestacións. Neste senso o alumnado traballador das EO e OE quedan excluídos no que a prestación por desemprego se refire.
 
A súa vez na presente medida tamén se estipulan as bonificacións destinadas as empresas que teñen dereito pola contratación indefinida ou pola contratación para a formación, en cuxo caso recomendamos que analicedes detidamente o texto se vos atopades nesa situación.
 
As outras dous medidas tratadas na presente reforma son aquelas que teñen como fin:
 
- Favorecer a flexibilidade interna negociada nas empresas e fomentar o uso da redución da xornada como instrumento de axuste temporal do emprego.
 
- Mellorar a intermediación laboral sobre a actuación das empresas de traballo temporal.
 
En xeral podemos afirmar que as modificacións son moitas e abertas a posibles cambios polo que vos recomendamos que analicedes vos mesmos ditos cambios dependendo da vosa situación persoal. Para elo deixamos a vosa disposición o presente link para que poidades analizar a presente lei :
 
http://www.boe.es/boe/dias/2010/06/17/pdfs/BOE-A-2010-9542.pdf
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org