Plan de empresa
Conta Propia: Plan de empresa
 

 

A posta en marcha dunha idea empresarial debe ser avaliada con anterioridade a través do que se denomina Plan de Empresa que é un documento escrito que recolle antecedentes da actividade, información sobre os promotores, os obxectivos fixados a curto e medio prazo, a xustificación e as expectativas  do negocio, a valoración inicial do proxecto, unha análise do mercado e do contorno socioeconómico, a viabilidade da empresa e un estudo financieiro sobre os resultados previstos para os primeiros 3 anos de actividade.

E unha ferramenta de vital importancia para o/a emprendedor/a xa que permite adiantar se a idea pode ter éxito ou non ao marxe de servir como instrumento de xestión ou como carta de presentación a persoas e institucións na busca de financiación, socios, etc.

Para a súa confección e recomendable acercarse na busca de axuda a un dos servizos de asesoramento (Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local) dos concellos ou doutras institucións que se atopan por todo o territorio.

Achegamos un modelo de formulario de Plan de Empresa que recolle os datos básicos cos que debe contar este documento. Plan de Empresa.

CALENDARIO
   
 
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Hispanidade nº 17, 36203, Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44
E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org