|
O Obradoiro de Emprego A Lama II, promovido polo Concello de A Lama e subvencionado pola Consellería de Traballo comenzou a súa actividade o pasado 13 de decembro de 2004, tendo unha duración de 12 meses. Durante este período, procederase a atender as necesidades de formación de trinta e tres alumnos-traballadores, todos eles maiores de 25 anos, que ata o comenzo do proxecto se atopaban en situación de desemprego e que se reparten en tres especialidades: albanelería, cantería e en xardinería-medio ambiente.
A sede do obradoiro atópase no Centro Municipal de Formación situado na Carretera da Fraga s/n a poucos metros do C.E.I.P. da Lama e do Concello.
Os obxectivos do obradoiro son proporcionar a formación teórica e práctica os 33 alumnos-traballadores que componen o proxecto, dentro das especialidades de cantería, albanelería e xardinería medio-ambiente para que acaden os coñecementos suficientes que lles permitan conquerir a súa inserción no mercado laboral. Para tal fin os alumnos-traballadores contan cos medios necesarios que lles permitan recibir a formación teórica e tamén cunha serie de obras proxectadas que lles permitan levar a práctica aqueles coñecementos adquiridos previamente. Estas obras son: “Ampliación do garaxe do parque móbil municipal”, a “Reforma da casa do conserxe”, o “Acondicionamento do sendeiro do río Verdugo”, o “Axardinamento do entorno do centro de formación “ e oa “Construcción do pórtico e capela no cemiterio de Escadra”.
Todas estas obras teñen un marcado destino social e a súa finalidade será dotar o concello de novas infraestructuras e medios para o beneficio dos seus habitantes.
|