Proxecto
 

O Obradoiro de Emprego “O Cruceiro”, promovido polo Patronato Municipal Beiramar (Concello de Moaña) e subvencionado pola Consellería de Traballo comezou a súa actividade o pasado 29 de decembro de 2005, tendo unha duración de 12 meses.

Durante este período, procederase a atender as necesidades de formación de trinta e catro alumnos-traballadores, todos eles maiores de 25 anos, que ata o comezo do proxecto se atopaban en situación de desemprego e que se reparten en catro especialidades: nove en albanelería, nove en cantería, oito en instalacións (fonatenería e electricidade) e oito en xardinería-medio ambiente.

A sede do obradoiro atópase no edificio multiusos do Patronato Municipal Beiramar, na parroquia de Tirán preto do Centro Cultural Castro Viejo.

 

A actuación a desenvolver neste proxecto consiste no acondicionamento e ordenación do adro da Igrexa de San Martiño e do seu entorno. Tanto o adro, como o entorno do ador desta Igrexa (que xunto coa propia igrexa forman o conxunto histórico artístico máis importante do municipio) se atopan na actualidade bastante deteriorados e en estado de semi abandono. A actuación pretende ordenar o adro e o entorno para o seu uso, chapeando en pedra a parte dianteira do adro e unha parte do enotorno, procedendo a axardinamento do resto do adro e do seu entorno rehabilitando a zona exterior dos muros e dotando dunha correcta iluminación a todo o seu entorno.

 

Na creación da Ruta de Senderismo do río da Freixa, as actuacións a realizar consisten na creación dunha ruta de senderismo no río da Freixa, na Parroquia de Domaio. Procederase a desbrozar e limpar o entorno do río para posteriormente realizar un sendeiro a base de xabre compactado na súa beira e proceder á repoboación con especies autóctonas do entorno, así como ó acondicionamento do parque do souto.

 

Así mesmo, procederase á restauración dun antigo muíño de auga. No río da Freixa existen 22 muiños de río tradicionais, a maior parte dos cales se atopan en estado de abandono, mediante esta obra procederase á restauración dun muiño e á limpeza dos restantes.

 

Reforma e ampliación do Patronato Municipal Beiramar. A actuación a desenvolver consiste en realizar unha ampliación no lato este da planta primeira do Patronato Municipal Beiramar de cara a conseguir gañar espacio para a creación dun novo despacho e unha sala de espera para todos os usuarios dos servicios de administración, da técnica de emprego e da orientadora laboral do Patronato.

 

Mellora da impermeabilización exterior e reforma dos sanitarios, duchas e instalación eléctrica do Pavillón Municipal de Reibón. Modernizando as instalacións do Pavillón Municipal de Reibón, reformando os sanitarios, duchas, etc. facendo accesible as instalacións a persoas con movilidade reducida.

 

 



Obradoiro de Emprego O Cruceiro. A Carrasqueira s/n Tirán CP: 36958 Moaña. Tel: 986314200 Fax: 986314280.