|
Baiona é un municipio cunha extensión de 34,26 quilómetros cadrados, formado polas parroquias de Baiona (Santa María e Santa María de Fóra), Baredo, Baíña, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa. A súa poboación é de 10.934 habitantes.
Este concello está localizado na provincia de Pontevedra, no sudoeste de Galicia, na baía de Baiona e na marxe esquerda da ría de Vigo, está bañado polo océano Atlántico.
A paisaxe baionesa presenta un relevo accidentado e contrastado no que se diferenza o interior e a costa. Por unha parte, están os montes e, por outra, hai pequenos outeiros coma o monte de San Roque, co enclave da Virxe da Rocha e cun fermoso miradoiro sobre a vila, a ría e as Illas Cíes.
En canto á silueta da costa, hai dous tramos. O primeiro abrangue dende cabo Silleiro a Punta do Boi, sendo unha costa alta, rochosa e aberta ó Atlántico, rodeada por unha serie de illas e pequenas praias. O segundo tramo, cortado pola península de Santa Marta, esténdese dende Monterreal ata a desembocadura do río Miñor.
O Obradoiro de emprego “Erizana”, promovido polo Concello de Baiona, é o primeiro proxecto destas características que se está desenvolver neste concello. O Obradoiro sito na rúa Carabela Pinta, comezou a súa actividade o 29 de xuño de 2007 e finalizara o 30 de xuño de 2008. As actividades que se desenvolveron neste período foron as seguintes:
- Albanelaría.
- Cantaría.
- Fontanaría - Electricidade
- Xardinería.
Os obxectivos básicos do proxecto son:
Pavimentación do contorno da Igrexa de Santa Liberata: O proxecto propón a substitución das lousas que pavimentan o contorno da Igrexa de Santa Liberata por un enlousado en granito, de cara a adecuar o material desta area ó do resto do casco vello e para evitar riscos para os peóns en caso de choiva. A finalidade é mellorar un espazo peonil do núcleo histórico de Baiona para uso dos veciños e visitantes.
Rehabilitación da planta baixa da praza de abastos: Coa rehabilitación da planta baixa da praza de abastos, o Concello pretende incrementar a súa oferta de servizos, destinándoa a albergar un centro multiusos. No local se instalará un área social e de formación, así como un área de seguridade para a instalación dos efectivos de protección civil e o 061.
Restauración da Torre do Reloxo: O proxecto propón a rehabilitación dunha edificación singular do casco vello de Baiona. A edificación, que conta con dúas plantas e baixo cuberta, está destinada a crear unha pequena sala de exposicións e a recuperar o reloxo como elemento de referencia para os veciños e visitantes do Concello.
Axardinamento das rotondas do Concello: A través do axardinamento das rotondas, preténdese mellorar a imaxe do Concello, creando espazos urbáns de calidade.
Acondicionamento do xardín do Pinzón: O proxecto propón a recuperación do xardín situado na parte traseira do inmoble “Casa María Carvajal”, mantendo os criterios estéticos establecidos para o entorno do casco histórico no que se sitúa. A máis das tarefas de axardinamento o proxecto inclúe o labrado e colocación de diversos elementos de cantería.
Restauración da cuberta da Casa da Cultura: A través desta actuación preténdese o acondicionamento da cuberta da Casa da Cultura dado o estado de deteriora da mesma.
Restauración da Fonte dos Mortos: O que se pretende con esta actuación é, por unha parte, a construción dunha fonte ornamental de pedra pais o que suporá a recuperación dunha zona actualmente degradada, e por outra, a construción dun alxibe soterrado de 20 000 litros que con carácter preventivo aportará auga á comunidade de montes para facer fronte a posibles incendios forestais. A finalidade é mellorar un espazo peonil do núcleo histórico de Baiona para uso dos veciños e visitantes.
Gráficos do alumnado do obradoiro:
O promedio de idade en xeral do obradoiro é de 38,80 anos, o das mulleres é de 38,93 anos e o dos homes é de 38,43 anos.
|
ALUMNOS / IDADE |
25-29 |
30-34 |
35-39 |
40-44 |
45-49 |
≥50 |
|
Homes |
4 |
3 |
1 |
4 |
4 |
3 |
|
Mulleres |
4 |
10 |
4 |
3 |
3 |
5 |
|