Proxecto
 

O Obradoiro de Emprego Fornelos de Montes II, promovido polo Concello de Fornelos de Montes e subvencionado pola Consellería de Traballo comezou a súa actividade o pasado 30 de decembro de 2005, tendo unha duración de 12 meses. Durante este período, procederase a atender as necesidades de formación de trinta alumnos-traballadores, todos eles maiores de 25 anos, que ata o comezo do proxecto se atopaban en situación de desemprego e que se reparten en tres especialidades: dez en albanelería, dez en cantería e dez en xardinería-medio ambiente. O persoal que integra o equipo directivo, docente e de apoio está integrado por un director, licenciado en pedagoxía; unha titora, licenciada en filoloxía e diplomada en educación social; un maestro albanel como monitor de albanelería; un maestro canteiro como monitor de cantería e un enxeñeiro agrónomo ó fronte do módulo de xardinería. Tamén contamos cunha administrativa con estudios de formación profesional de segundo grao nesa rama e cunha diplomada en maxisterio como mestra de formación compensatoria.



Obradoiro de Emprego Fornelos de Montes II. San Adrián de Calvos, Curuxeira 49 CP: 36847 Fornelos de Montes. Tel: 986 768 434 Fax: 986 768 434.