|
O Obradoiro de Emprego “Gondomar II, promovido polo Concello de Gondomar e subvencionado pola Consellería de Traballo, comezou a súa andina o 28 de xuño de 2005. Ten como obxetivo que durante os seus doce meses de funcionamento trinta traballadores de 25 ou máis anos de idade que, ata a súa incorporación a este proxecto estaban en situación de desemprego, adquiran a formación e destrezas profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral coas suficientes garantías de atopar un posto de traballo por conta propia ou allea.
As especialidades formativas impartidas son as de carpintería, que conta con 8 participantes, construción constituída por 12 persoas e medio ambiente con 10 alumnos/as traballadores/as.
A sede do obradoiro atópase no Centro de desemvolvemento Local, situado no antigo colexio Enrique Rodríguez Márquez, na rúa Avda. do Conde s/nº.
As actuacións principais deste obradoiro engloban:
-
Acondicionamento do sendeiro do río Zamáns.
-
Restauración dunha ponte e dun peto de ánimas.
-
Restauración do contorno da ponte do Bravo.
-
Acondicionamento duns vestiarios para o pavillón deportivo do colexio público "Chano Piñeiro".
Os obxectivos a desenvolver están encamiñados á conservación e posta en valor dos recursos do patrimonio natural e paisaxístico de Gondomar, recuperando un sendeiro dunha gran beleza ao longo do río Zamáns, para disfrute dos lugareños e como reclamo turístico para o visitante.
|