|
Denominación: Obradoiro de Emprego Vigozoo III.
Duración do proxecto: 29/12/2006 – 28/12/2007.
Emprazamento: Madroa. Concello de Vigo.
Entidade promotora: Concello de Vigo.
Características xerais da obra ou servizo:
As actuacións do proxecto de obra estiveron dirixidas cara a:
-
Reforma de vestiarios para convertelos en obradoiro de fontanería e electricidade.
-
Construción do Nocturama (recinto adaptado para animais nocturnos).
-
Impermeabilización das charcas.
-
Construcións de viais.
-
Remates no aulario.
-
Pavimentación de pedra na zona de taquillas.
-
Traballos xerais de fontanería e electricidade (Canalizacións eléctricas e de auga, baixantes de tellados, alumeado, etc.)
-
Construción de valado e acondicionamento da granxa escola.
-
Reacondicionamento dos recintos da parte superior e instalación de novos peches para os mesmos.
-
Equipamento do aulario, cadeiras e mesas.
-
Construción de elementos de sinalización.
As actuacións de servizo do proxecto estiveron dirixidas cara a:
-
Elaboración e programación de actividades de educación ambiental, preparación de visitas guiadas e de obradoiros complementarios das visitas, preparación de exposicións, etc.
-
Realización de visitas guiadas a escolares e público en xeral, participación como monitor/a en programas específicos e puntuais do parque, etc.
-
Preparación de materiais de diferente índole (fichas de animais, carteis de aviso e de carácter educativo, publicación periódica, tríptico autoguiado, ruta botánica, carteis publicitarios e promocionais, anuncios, etc.)
Finalidade da obra ou servizo:
Mellorar a calidade de vida das distintas especies animais que teñen cabida no zoo, ao mesmo tempo que permiten fomentar o contacto, o desfrute e o coñecemento da natureza aos visitantes de dentro e fora da Área Metropolitana de Vigo.
Especialidades:
Datos do alumnado traballador
|
Nº total de alumnos/as traballadores |
|
Mulleres |
Homes |
Total |
|
29 |
11 |
40 |
|
Alumnado traballador por tramos de idade |
|
Idade |
25-29 anos |
30-34 anos |
35-39 anos |
40-44 anos |
45-49 anos |
> 50 anos |
|
Nº homes |
1 |
0 |
2 |
0 |
2 |
6 |
|
Nº mulleres |
0 |
4 |
6 |
6 |
7 |
6 |
|
 |
|