Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

PROCESO SELECTIVO PERSOAL DOCENTE OBRADOIRO DE EMPREGO "MAIV DUAL 2026"
- 10/06/2026 -
Anuncio resultado definitivo alumnado traballador Obradoiro de Emprego "Maiv Dual 2026"
Anuncio resultado definitivo alumnado traballador Obradoiro de Emprego "Maiv Dual 2026"

As persoas propostas para a contratación (candidatas/os que figuran coa mención de “TITULAR” no apartado de “resultado de selección”) deberán comunicar por escrito á entidade promotora a súa aceptación ou renuncia á praza, coa presentación do modelo que figura como anexo III nas bases reguladoras desta convocatoria (o modelo tamén pode atoparse na web da Mancomunidade, no enderezo www.maiv.org, no apartado de ofertas de emprego, xunto ao resto de documentación deste proceso) antes das 16.00 h. do día 11 de xuño de 2026.

Para presentar a aceptación ou renuncia poderán achegarse presencialmente á sede da Mancomunidade de Vigo (Hispanidade, 17) ou enviar o documento asinado por correo electrónico á dirección de correo info@maiv.org.

No caso de non confirmar a praza no prazo indicado trala publicación deste anuncio na web, considerarase que renuncia á mesma, que pasará a adxudicarse ao/á seguinte candidato/a na lista de reserva, tendo igualmente a obrigación de comunicar a aceptación ou renuncia a dita praza nun prazo de 24 horas.


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org