Obradoiro de emprego “MAIV DUAL 2026”
NOME DO OBRADOIRO DE EMPREGO: MAIV DUAL 2026
Expediente: TR353A-2025/000020-5
Especialidades:
- ARGG0110 DESEÑO GRÁFICO E MULTIMEDIA
- ADGD0210 DESENVOLVEMENTO LOCAL
Data de inicio: 16/06/2026
Data de finalización: 15/03/2027
Entidade Promotora: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
RESUMO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DOS SERVIZOS E OBRAS
Nesta edición do Obradoiro de Emprego MAIV DUAL 2026 participan un total de 16 alumnos/as traballadores/as, deles 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade de ARGG0110 Deseño gráfico e 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade ADGD0210 Desenvolvemento Local. O Programa de Emprego está financiado cunha subvención de 363.641,60 euros. Esta axuda está financiada con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade de 2026 e 2027 que están financiadas por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.
Este proxecto ten unha duración de 9 meses, e desenvolverase desde o 16 de xuño de 2026 ata o 15 de marzo de 2027, nas instalacións da Maiv, sita na Avda. da Hispanidade nº 17. Conta para o seu desenvolvemento cun equipo directivo formado por un director, un experto docente en Deseño gráfico e unha experta docente en Desenvolvemento local.
O alumnado-traballador ten un contrato de formación en alternancia, a través do cal a formación altérnase formación nos certificados correspondentes coa adquisición de experiencia laboral e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social.
No caso da especialidade de Deseño gráfico os traballos serán: Análise de actividades e iniciativas de deseño gráfico e multimedia. Revisión e actualización do deseño e a imaxe gráfica dos portais e webs da Mancomunidade. Realización de traballos de deseño gráfico para a Mancomunidade de Vigo ou para os concellos da Mancomunidade. Apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedores da MAIV, en materia de deseño gráfico, prestando inclusive asesoramento especializado nesta materia directamente aos proxectos empresarias.
Na especialidade de Desenvolvemento local: Elaboración de estudos de necesidades municipais dos concellos da Maiv no ámbito da creación de empresas. Deseño, posta en marcha e dinamización de proxectos de desenvolvemento local e de apoio ao tecido empresarial local. Establecer estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos. Deseñar e establecer unha guía ou manual de oportunidades de negocio dentro da Maiv. Creación e desenvolvemento de contidos de utilidade para o Servizo de Asesoramento a Emprendedores e os AEDLs do territorio. Apoio ao SAE da Maiv na creación e desenvolvemento de plans e proxectos de empresa. Deseño e creación de contidos para o SAE. Creación de bases de datos para a recollida e a difusión de información e recursos. Deseño e creación de píldoras formativas. Deseño de contidos específicos e mantemento de espazos web e redes sociais da Maiv.
Ademais da formación correspondente aos certificados de profesionalidade “ARGG0110 Deseño de produtos gráficos" e “ADGD0210 Creación e xestión de microempresas”, o alumnado/traballador tamén recibirá formación complementaria en Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas.