Nº 10 - novembro 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Novos plans de actuación para o ano 2010 na Consellería de Traballo e Benestar

A Consellería de Traballo e Benestar o pasado mes presentou no Parlamento o seu novo plan de actuación para o ano 2010.

As actuacións teñen como obxectivo combater a crise polo que se basea na mellora da cualifiación, calidade, igualdade, e seguridade no emprego; no apoio ao benestar e ás familias, na promoción da autonomía persoal e atención á dependencia; na acción xuvenil e no impulso á acción voluntaria. Coa finalidade de ordenar estes obxectivos e finalidades, a Consellería formula catro plans de actuación:
- 1º PLAN : MELLORA DA CUALIFIACIÓN, CALIDADE, IGUALDADE E SEGURIDADE NO EMPREGO
O orzamento de partida será de 388 millóns de euros o cal desenvolverase a partir do obxectivo xeral para mellorar a cualifación, calidade, igualdade e seguridade no emprego. Partindo desta premisa, establecéronse tres obxectivos prioritarios:
  1. Fomentar a incorporación e permanencia das persoas nun mercado laboral inclusivo "para todos".
  2. Favorecer a igualdade e a formación permanente.
  3. Apostar polo emprego autónomo, polo reforzo do cooperativismo e polo impulso da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Todos estes obxectivos veranse englobados en torno ao Plan autonómico de emprego 2010-2013 que partirá coas seguintes actuacións a levar a cabo:
- Accións de mellora da empregabilidade.
- Inserción de colectivos desfavorecidos e en risco de exclusión.
- Formación profesional para desempregados e traballadores.
- Accións de intermediación laboral.
- A mellora da organización e administracións das relacións laborais.
- Prevención de riscos laborais.
- Modernización do servizo público de emprego.
- Reforzo do cooperativismo como fórmula empresarial.
- 2º PLAN: APOIO AO BENESTAR E ÁS FAMILIAS
Para o desenvolvemento do presente plan o goberno autonómico ten previsto un orzamento de 192,5 millóns de euros para o exercicio próximo. Así pois, como principal obxectivo ten apoiar ás familias, facilitando a súa estabilidade, calidade de vida, autonomía e benestar. Para acadar dita premisa porá en marcha un Plan integral de apoio ás familias galegas, dentro do que se tramitará unha nova Lei de apoio ás familias galegas, I Plan integral de persoas maiores de Galicia, o Plan de prevención da conflitividade xuvenil e o Plan integral das persoas con discapacidade.
- 3º PLAN: ATENCIÓN A DEPENDENCIA
O obxectivo que se persegue neste campo é a promoción da autonomía persoal e atención a dependencia, aspecto para o cal ten previsto unha partida orzamentaria de 374,6 millóns de euros. Para o gasto desta partida se empregarán dúas ferramentas, a primeira será investir na atención aos dependentes galegos e a segunda aprobar o novo decreto que regulará a tramitación das solicitudes, o que reducirá os prazos á metade (6 meses).
-4º PLAN: XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
O presente plan vai encamiñado á acción xuvenil e a impulsar a iniciativa voluntaria. Co obxectivo de acadar dita actuación, o goberno ten previsto o desenvolvemento dun plan de acción xuvenil, a creación do Instituto da Xuventude de Galicia (INXUGA), accións en torno ao Plan Galego de Voluntariado, así como a creación do Servizo de Voluntariado Xuvenil e a tramitación dunha Lei para impulsar a acción voluntaria. O orzamento previsto para o desenvolvemento de dito plan prevense que alcance os 21,7 millóns de euros.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org