Nº 10 - novembro 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
As persoas desempregadas galegas dispoñen dunha nova axuda

A Consellería de Traballo e Benestar convoca as axudas aos traballadores e traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade xeográfica e a súa participación en accións de orientación con cargo ao Plan extraordinario de orientación, formación profesional e inserción laboral.

A presente subvención ten dous focos de actuación, o primeiro deles vai encamiñado a aqueles desempregados que precisan axuda na busca de emprego  e o segundo a facilitarlle a mobilidade xeográfica aos desempregados que a precisan a hora de elixir un traballo en concreto.  Coa finalidade de explicar detidamente cada un deles, deteremos a continuación nos seguintes epígrafes, onde trataremos a finalidade das subvencións, beneficiarios e datas límite de presentación:

- Subvencións durante o proceso de procura de emprego

Estas subvencións teñen como finalidade reforzar e facilitar a dedicación dos traballadores/as desempregados/as durante o proceso de desenvolvemento do seu itinerario personalizado de inserción e de procura de emprego, compensando os gastos que se puidesen xerar neste proceso.

A contía de subvención será de 350 euros por mes durante un período máximo de tres meses. Os beneficiarios terán que ser desempregados/as rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia, con experiencia laboral e graves problemas de empregabilidade, sen ningún tipo de prestación ou subsidio por desemprego, e con rendas inferiores en cómputo mensual ao IPREM mensual vixente en cada momento.

- Subvención para facilitar a mobilidade xeográfica

Por outra banda, estas outras subvencións teñen por obxecto facilitar a contratación estable dos/das traballadores/as desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia suxeitos a un itinerario personalizado de inserción, e cunha posible contratación que implique desprazamentos e traslado de residencia dentro do territorio español. Serán beneficiarios/as os traballadores/as desempregados/as cuxa contratación implique mobilidade xeográfica. Establecese os seguintes requisitos para o concepto mobilidade xeográfica: traslado efectivo da residencia habitual do/da traballador/a; localidade de destino onde se sitúe o posto de traballo sita a máis de 100 kilómetros da localidade de orixe; e contratación mediante un contrato indefinido ou temporal, cunha duración efectiva do contrato igual ou superior a seis meses.

Baixo esta subvención poderanse imputar gastos de desprazamento, gastos de transporte de mobiliario e utensilios, gastos de aloxamento e gastos de gardaría e de atención a persoas dependentes.

O prazo para a solicitude finaliza relativamente cedo, o 10 de decembro polo que aqueles que esteades en esta situación apurádevos coa correspondente solicitude. Para obter máis información ao respecto, achegamos o presente link onde atoparedes a convocatoria na súa totalidade  http://www.xunta.es/dog/../17500D007P036.PDF, ou acudide ao centro mais próximo do Servizo Publico de Emprego  de Galicia.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org