Nº 10 - novembro 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O goberno amplía a prestación extraordinaria por desemprego

O pasado 12 de novembro, o Goberno aprobou unha nova Lei (14/2009, do 11 de novembro) para regular o programa temporal de protección por desemprego e inserción. Esta Lei, que substitúe ao Decreto Lei 10/2009, do 13 de agosto, ten por obxecto establecer, a través do Programa de referencia, unha ampliación da protección por desemprego aos traballadores que esgotaran as prestacións e subsidios previos e atópanse en situación de necesidade por carecer doutras rendas.

Os beneficiarios desta prestación extraordinaria serán persoas desempregadas menores de 65 anos que reúnan os seguintes requisitos:

 

1) Extinguir por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo ou o subsidio por desemprego durante o período contemplado no Programa, sempre que en ambos os dous casos carezan de rendas, de calquera natureza, superiores, en cómputo mensual, ao 75 por cento do salario mínimo interprofesional, excluídas a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

 

2)      Estar inscrito como demandantes de emprego.

3)      Subscribir o compromiso de actividade a que se refire o artigo 231.2 da Lei Xeral da Seguridade Social e comprometerse a realizar as distintas actuacións que se determinen polo servizo público de emprego correspondente no itinerario activo de inserción laboral.

 

A duración da prestación será de 180 días e poderase obter unha soa vez. A súa contía mensual será igual á 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente en cada momento.

 

O financiamento do Programa é diverso. Por unha banda, a prestación por desemprego extraordinaria financiarase con cargo aos presupostos do Servizo Público de Emprego Estatal, e por outra, as accións incluídas nos itinerarios de emprego dependerán dos propios presupostos dos servizos públicos de emprego competentes.

 

Esta prestación é incompatible cos salarios sociais, rendas mínimas ou axudas análogas de asistencia social.

 

As solicitudes deberán presentarse dentro dos 60 días seguintes á esgotamento da prestación de nivel contributivo ou o subsidio por desemprego segundo o modelo oficial presentado.

 

Para máis información consultar na web: http://www.boe.es/boe/dias/2009/11/12/pdfs/BOE-A-2009-18003.pdf


Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org