Nº 10 - novembro 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Próxima convocatoria do programa INTERREG IVB (SUDOE)

O luns 16 de novembro publicouse a segunda convocatoria de proxectos do SUDOE Europeo, cuxo espazo de intervención está formado por España, Portugal, Sur de Francia e Reino Unido (Xibraltar) e que finalizará o vindeiro 30 de abril de 2010.

Poden participar na convocatoria todos aqueles organismos públicos e entidades privadas creadas especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que no teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que conten con personalidade xurídica e cuxa actividade está maioritariamente financiada polo Estado, os entes territoriais ou outros organismos de dereito público, ou ben cuxa xestión se atope sometida a un control por parte de estes últimos tal e como recolle o apartado 1.9 da Directiva 2004/18 do Parlamento Europeo e do Consello de 31 de marzo de 2004.

O Programa Operativo do Espacio SUDOE establece catro prioridades estratéxicas que obedecen por unha parte as orientacións estratéxicas comunitarias en materia de crecemento, emprego e desenvolvemento sostible e doutra parte aos propios desafíos que o Sudoeste europeo debe afrontar conxuntamente.

Na presente convocatoria de proxectos están abertas as seguintes prioridades:

1. Promoción da innovación e constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica.

2. Mellora da sosteñibilidade para a protección e conservación do medio ambiente e do entorno natural do SUDOE.

A contía da Axuda FEDER total dispoñible para esta segunda convocatoria ascende a un total 25.385.617,26 euros para o conxunto das dúas prioridades abertas repartíndose da seguinte maneira: 14.815.665,13 euros para a prioridade 1 e 10.569.952,13 euros para a prioridade 2.

A participación do FEDER non poderá superar en ningún caso o 75% do custe total elixible do proxecto e o período subvencionable dos gastos establecido polo programa é o seguinte:

 Para mais información, consulta de formularios, guías e textos íntegros da convocatoria premer no seguinte enlace: http://www.interreg-sudoe.eu/ESP

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org