Nº 10 - novembro 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Actuacións dos programas mixtos de fomación e emprego na área de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentou esta mañá as cinco iniciativas de formación e emprego (escolas obradoiro, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento) correspondentes ao ámbito da Delegación Territorial e que teñen coma finalidade a formación e capacitación laboral de todas as persoas que durante este ano e o próximo participarán nestas accións formativas para que, finalmente, poidan acadar a inserción no mercado laboral.


Un total de 122 persoas en situación de desemprego de Vigo e a súa área de influencia serán os beneficiarios dos programas mixtos de formación e emprego que a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo entre os anos 2009 e 2010. A representante do Goberno galego na cidade explicou que os programas contan cun custe que supera os tres millóns de euros e que se porán en marcha antes de que remate este ano. En concreto, a Consellería de Traballo e Benestar disporá de 3.073.665 millóns de euros que se dedicarán á realización dos cinco programas de formación e emprego. En total, están enfocados a atender a unhas 122 persoas de Vigo e a súa área. Así, os interesados en optar a estas actuacións teñen que estar inscritos ou poden aínda anotarse nas súas respectivas Oficinas de Emprego, especificamente coma demandantes destas iniciativas.

No ámbito da Delegación Territorial os programas seleccionados que percibirán estas axudas son a Escola Obradoiro "Mar de Vigo V", solicitada polo Concello de Vigo, os obradoiros de emprego " Alfacuca" e "Hostalaría Pedro Madruga", impulsados polos concellos de Mos e Soutomaior, respectivamente, así coma o Obradoiro de Emprego "Mobilia" ademais dunha Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) que se levará a cabo entre 2009 e 2011 na que formarán parte 10 persoas e que se encargará de analizar o territorio para elaborar plans integrais de intervención de cada unha das modalidades formativas.

Así, ao Concello de Vigo concédenselle 678.000 euros para formar a 33 persoas desempregadas menores de 25 anos a través da Escola Obradoiro "Mar de Vigo V". A iniciativa ten un período de 18 meses e os participantes alternarán a aprendizaxe (6 meses) cun contrato para a formación en actividades relacionadas coa recuperación do patrimonio, neste caso, vinculadas ao mar.

Mentres, os obradoiros de emprego van destinados a persoas maiores de 25 anos e tamén combinan a formación co emprego. Teñen unha duración de 12 meses cada un e, no caso do obradoiro " Alfacuca", que se impartirá en Mos, a Consellería de Traballo e Benestar concedeulle 700.000 euros para formar a 33 persoas en ámbitos sociais e de restauración patrimonial. En Soutomaior, no obradoiro "Hostalaría Pedro Madruga", para o que se concedeu unha axuda de 530.000 euros, formaranse a 25 persoas que realizarán operacións básicas de cociña e camareiro mentres que, por último, súmanse os 445.000 euros do obradoiro "Mobilia", no que recibirán formación 21 persoas máis e no que se realizarán diversas tarefas de adaptación de mobiliario urbano, tales coma casetas de turismo, torres de vixilancia ou pistas de usos múltiples en concellos coma Salvaterra do Miño ou Baiona, entre outros.

En definitiva, trátase dunha serie de iniciativas de formación e emprego nas que se invisten, entre este ano e o próximo, máis de tres millóns de euros na área de Vigo para formar a 122 persoas que, coma recalcou a delegada territorial da Xunta, "recibirán a mellor formación para acadar profesionalidade e así poder acceder con mellores condicións e competitividade ao mercado laboral unha vez rematen a súa formación".


Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org