Nº 7 - agosto 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
A Comarca de Vaqueira (Asturias) dinamiza o seu territorio grazas a, AS VISITARAS

Desenvólvese unha importante ferramenta de loita contra o estancamento do mundo rural asturiano, a rede de visitadoras. Unha fonte de dinamización social que aporta información continua sobre localidades que tenden ao despoboamento.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ese - Entrecabos desenvolve baixo a iniciativa comunitaria LEADER +, o plan comarcal de participación social chamado ARRAIG@. Nel danlle un peso específico ao enfoque de xénero, materializado na iniciativa de recuperación das VISITADORAS. E é que o plan ARRAIG@ esta destinado a fomentar o liderado social da muller e promover a igualdade de oportunidades no acceso aos recursos.
Deste xeito, é como se creou unha rede de actuación desenvolta unicamente por mulleres voluntarias, encargadas da dinamización do medio rural asturiano, que dende os anos 80 sofre o viaxe sen retorno das mulleres xoves das súas localidades. Dita dinamización basease no traballo que antano realizaban os visitadores ou os pregoeiros, dándolle un importante enfoque de xénero, e proporcionándolle a muller da zoa a posibilidade de participación na creación dunha importante rede baseada en tres accións propias do proceso de comunicación: a visión, a escoita e a transmisión de información. Deste xeito, chegan a ser a cabeza, os brazos e os pes que chaman a participación no beneficio das comunidades locais.
En definitiva, podemos destacar de dita iniciativa a súa innovación e o seu éxito. Innovación xa que xera unha rede de "visitadoras" coma un instrumento eficaz na transmisión de información, baseado na actualización dunha figura xa esquecida nas localidades do territorio español , e éxito xa que aos dous anos do seu arranque conta cunha totalidade de 123 mulleres que conforman o seu tecido de actuación nos cinco municipios da comarca Vaqueira.
Como podedes observar, dende a UPD da Macomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, vos expoñemos unha posibilidade máis de actuación e dinamización sobre o territorio. En caso que queirades obter mais información ao respecto, animámosvos a poñervos en contacto co proxecto LEADER Ese- Entrecabos no teléfono 985.837.337. Recordade que as experiencias desenvoltas noutros proxectos pode ser unha garantía de éxito nos vosos territorios de actuación.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org