Nº 7 - agosto 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Nova Convocatoira de axudas FORMIC e convenios de Formación para o Emprego

Un ano mais as zoas mineiras de Coruña e Lugo vense incluídas nas axudas FORMIC e convenios, convocadas pola Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón, seguindo coa premisa de mellorar as posibilidades de emprego e cualificación da súa poboación, e con elo o desenvolvemento produtivo da zona.

Como ben sabedes a formación e o fundamento básico para xerar persoal cualificado nas empresas e con elo conseguir o desenvolvemento económico na zona de traballo. Partindo desta premisa, a Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras publicou no Boletín Oficial do Estado o pasado 25 de Xullo a convocatoria de novas axudas e convenios para formación nestas zonas de actuación. No caso da nosa comunidade, o desenvolvemento das axudas limitaranse as provincias de A Coruña e Lugo, unicamente nos seguintes municipios:
Coa finalidade de explicarvos as dúas posibilidades de solicitude que presta a fundación, analizaremos a continuación tanto as axudas coma os convenios.
As axudas para a realización de accións de formación, encádranse dentro do Programa FORMIC. Teñen como obxecto colaborar na formación nas zonas mineiras do carbón, como medio para mellorar as posibilidades de emprego e cualificación, así como fomentar a inserción laboral de persoal cualificado nas empresas e entidades con proxectos subvencionados polo Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón y Desarrollo Alternativo de las Comarcas Mineras.
O financiamento das axudas alcanzaran un máximo do 100% do custe total da formación que se execute. Dito financiamento poderá ser adiantado ata un 50% coa concesión, facilitando deste xeito a impartición das accións formativas.
Os beneficiarios de ditas axudas poderán ser entidades xurídicas públicas ou privadas con experiencia na realización deste tipo de actividades e que enfoquen dita formación a traballadores desempregados en mellora de emprego, procedentes de reestructuracións laborais no sector da minería do carbón, así como todas aquelas persoas desempregadas con residencia nos municipios que marca o programa.
O prazo para a presentación deste tipo de axudas é amplo, o 4 de Decembro de 2009, pero aqueles que esteades interesados na súa solicitude sede moi coidadosos xa que son moitos os criterios de valoración que perseguen polo que preparade cautelosamente ditas accións.
Por outra banda, os convenios de formación para o emprego son outro dos aspectos que oferta dita fundación. A subscrición de convenios entre a fundación e as empresas de calquera sector de actividade teñen como obxectivo financiar proxectos de formación sólidos que contribúan a unha maior cualificación dos recursos humanos e á xeración de emprego nas zonas mineiras de carbón.  Dita formación debera ir encamiñada a persoas en situación de desemprego empadroada nos municipios de actuación, tendo especial valoración os desempregados de larga duración, os discapacitados, os novos desempregados sen cualificación nin experiencia profesional, titulados universitarios sen experiencia laboral e dificultades para a inserción, traballadores desempregados procedentes de procesos de reconversión e as mulleres.
Os requisitos mínimos que se lle marcan a ditos convenios son formar a un mínimo de 60 persoas, contratar o 75% das persoas formadas e desenvolver actuacións formativas orientadas ao fomento do desenvolvemento alternativo das zonas mineiras.
Por último, e para aqueles que esteades interesados, dicirvos que existen dous prazos de presentación ao longo do 2010, o primeiro é ata o 30 de Abril e o segundo ata o 31 de Outubro, polo que preparade meticulosamente aspectos como as necesidades detectadas previamente na zona de actuación, os contidos dos postos e perfís profesionais para os que se van a desenvolver estas accións formativas en base os convenios.
Coa finalidade de conseguir ampliarvos un pouco mais a información, axuntámosvos o link onde podedes atopar toda a documentación relativa a ditas convocatoria http://www.fundesfor.com/ . Aqueles que vos atopades situados en ditos municipios e esteades interesados na formación e na inserción laboral, non deixedes de presentarvos, xa que pode ser unha oportunidade única para o desenvolvemento produtivo da zona.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org