Nº 7 - agosto 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Ocupacións laborais con mobilidade transfronteriza Galicia/Norte de Portugal

A Xunta de Galicia elaborou un estudio que pretende coñecer en maior medida o fluxo migratorio do mercado laboral entre Galicia e o Norte de Portugal.

O fluxo migratorio transfronterizo existente entre Galicia e o Norte de Portugal é unha realidade que a medida que pasa o tempo faise máis palpable. Cada día, as oportunidades laborais que xorden a un lado ou a outro da fronteira adquiren máis forza, e isto puido ser un dos motivos que impulsou a Consellería de Traballo a realización do estudo denominado "Detección de ocupacións laborais con posibilidade de mobilidade transfronteriza entre Galicia e o Norte de Portugal"
O obxectivo de partida que tiñan era mellorar a mobilidade laboral na zona a través da elaboración dunha metodoloxía que lles permitise coñecer os factores determinantes que influísen nela tanto nas empresas como nas persoas traballadoras. Dita metodoloxía proporcionou a información suficiente sobre aspectos como as necesidades de capacitación dos traballadores que buscan traballo, priorización das cualificacións máis necesarias no mercado de traballo, as posibilidades de mobilidade laboral transfronteriza e a oferta formativa a propor para dita capacitación. En definitiva diremos, que se elaborou unha metodoloxía con tres piares clave a acadar: a diagnose do estudo socio - económico, detección de ocupacións e detección de necesitades formativas na zona.
Deste xeito chegouse a conclusións coma a necesidade de mellorar os requirimentos administrativos de contratación xa que son moi complexos, a demanda importante de persoal cualificado en Portugal, a necesidade de mellorar as prestación para a convalidación da sanidade no pais veciño, etc. Pero sen dúbida, o que máis nos chamou a atención nas conclusións foi o tratamento detallado dos sectores mais relevantes na nosa comunidade e a importancia que eles teñen para o movemento laboral transfronterizo, especificando aquelas ocupacións máis demandadas en Galicia (cociñeiro, enxeñeiros, soldadores, caldeireiros, operario de pala cargadora ..., etc).
Aínda así, recomendámosvos analizar detidamente este estudo xa que vos proporcionará unha visión exhaustiva sobre a temática, tan destacada para o noso territorio na actualidade. http://www.ibermovilitas.org/presentacion/files/Estudio%20Ibermovilitas%20protegido.pdf

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org