Nº 2 - marzo 2009
Caixanova reforza as contÃas adicadas a créditos para PEMES, comercios e autónomos
No presente ano 2009 a entidade financeira Caixanova contará cun total de 2.500 millóns de euros para a concesión de créditos a pemes, comercios e autónomos. A entidade anuncia que a pesar dos problemas que existen na actualidade no campo do financiamento, agardan crecer neste exercicio en torno a un 7 ou 8%, garantindo que todos os proxectos viables serán atendidos.
Estas novas, rubrican as xa publicadas con anterioridade nas que se anunciaba o aumento nas partidas para financiar préstamos a empresas e o financiamento de circulante e ampliacións de capital a través de axudas convocadas polo Igape. Para a difusión destes préstamos, a entidade púxose en contacto cun importante número de pemes, autónomos e comercios que poderán beneficiarse destas axudas, permitíndolle a obtención dunha liquidez de hasta 600.000 euros que lles poden ser de gran utilidade para refinanzar as súas débedas diminuíndo o interese ata o euribor.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org