Nº 2 - marzo 2009

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O ICO concedeu 1.900 millóns de euros en préstamos a pemes e autónomos

O Instituto de Crédito Oficial concedeu case 1.900 millóns de euros en créditos durante os dous primeiros meses do ano. Estes créditos serviron para financiar os investimentos de máis de 56.000 empresas, autónomos e cidadáns, a través das diferentes liñas de financiamento postas en marcha polo ICO.

 
- Nas dúas disposicións correspondentes ao mes de febreiro formalizáronse préstamos por importe de 1.539 millóns de euros.

 
- Máis de 56.000 empresas e cidadáns recibiron algún préstamo do ICO nos dous primeiros meses do ano.

 
- Desde a súa posta en marcha a liña ICO-Liquidez facilitou préstamos a máis de 7.100 empresas por importe de 660 millóns de euros.

 
- A Liña ICO-PEME financiou en dous meses os investimentos de 7.300 empresas, con préstamos por importe de 477 millóns de euros.

É importante destacar que do volume disposto, máis de 1.539 millóns formalizáronse durante o mes de febreiro, o que indica que as Entidades de Crédito incrementaron de forma importante o volume de concesión de créditos.

En concreto, desde a posta en marcha da Liña ICO-Liquidez facilitáronse préstamos a 7.100 empresas, que serviron para financiar os seus gastos correntes. O importe dos préstamos ascende a 660 millóns de euros, dos cales o 50% dos fondos son aportados polo Instituto e o 50% restante polas Entidades de Crédito colaboradoras. Das operacións realizadas, case 4.000 tramitáronse na última quincena. O importe medio dos préstamos situouse en 87.000 euros.

Polo que respecta ás liñas ICO 2009 de Apoio á Empresa:

Emprendedores, PEME, Crecemento Empresarial e Internacionalización xa se solicitaron préstamos por importe de máis de 513 millóns de euros, que serviron para financiar 7.436 proxectos de investimento. A Liña ICO-PYME facilitou 476,89 millóns de euros en créditos a 7.300 empresas. Tamén na Liña ICO-PEME hai que reseñar o gran incremento no volume de solicitudes atendidas no último mes.

O obxectivo destas liñas é facilitar créditos en condicións preferentes ás pequenas e medianas empresas e aos traballadores autónomos para o financiamento dos seus investimentos en activos fixos produtivos e as súas necesidades de liquidez.

Actualmente estas liñas están dispoñibles e poden solicitarse na práctica totalidade dos bancos e caixas implantados en España.

Fonte:www.ico.es

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org