|  |  | 
| Concello situado na comarca do Val Miñor, moi próximo a Vigo, cidade coa que ten fortes relacións, xa que moita poboación que traballa naquela cidade reside nos concellos dos arredores como Gondomar e se despraza diariamente, factor que inflúe decisivamente na importancia dos movementos pendulares entre o Val Miñor e Vigo. Os usos do solo predominantes son os destinados a labores intensivas, localizadas fundamentalmente no val fértil regado polos ríos Miñor, Groba e Zamáns. Ademais destes aproveitamentos agrícolas o concello posúe ampla superficie industrial na parroquia de Vincios, na que se instalan empresas que aproveitan a proximidade a Vigo para acceder ás boas comunicacións da cidade. A autoestrada do Val Miñor constitúe un eixe importante de transporte para estas empresas localizadas en Gondomar.  O concello posúe destacados vestixios arqueolóxicos que o converten no gran xacemento paleolítico provincial grazas á estación de "Chan de Cereixo" en Donas, estación rupestre “Auga da Laxe” en Vincios, as mámoas como a de Chain, petroglifos podomorfos e naviculares como o de Pedra Moura e Castros como o de Xián.As terras de Gondomar gozan de espléndidos señoríos e mostran gran cantidade de pazos e casas solariegas: o pazo do Conde de Gondomar, os pazos de Pampillón, Arines ou Villarés. | Concello 
 Enderezo: Praza Paradela, 1 - 36380 T. 986360125 F. 986360875 Alcalde: Francisco FerreiraPartido: PSdeG-PSOE 
 Datos Xeográficos 
 Superficie: 74,5 Km2 Altura máxima: 701 m Ríos: Miñor, ZamánsParroquias: Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza, Vincios. 
 Lugares de interese Estación rupestre Auga da Laxe Pazo de Gondomar Monte Galiñeiro en Vincios Mais información en: Festas Alfombras florais do Corpus Curro de MorgadánsCurro de San Cibrao de Donas |