Concello do extremo norte da Ría de Vigo, de gran atractivo paisaxístico pola abundancia de espazos forestais, marítimos e de valor patrimonial. Un territorio marcado polas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o cruzan transversalmente, uníndose na ponte Silvoso para desembocar na Ría de Vigo.
A actividade económica do concello céntrase no sector primario, do que resulta sobresaínte a pesca e o marisqueo. Do resto dos sectores destaca os servizos, predominando os asociados á hostalería neste caso.
É famoso este concello polos encontros gastronómicos de índole festivo nos que se exalta un produto típico da súa costa como é a ostra. Esta festa celébrase na parroquia de Arcade e as ostras son acompañadas polos viños de albariño producidos nalgunhas zonas do concello.
As terras de Soutomaior conservan vestixios artísticos da época medieval, representados polo Castelo de Soutomaior, símbolo do poder e dominios da nobreza galega. Os primeiros restos desta fortaleza datan do século XI pero sufriu ampliacións e reformas no século XV e foi reconstruído nos séculos XVIII, XIX e XX. Conserva, como valores artísticos a destacar, portas antigas, ponte levadiza e torres de defensa de planta rectangular.
|
Concello
Enderezo: Rúa Alexandre Bóveda, 8 – 36691
T. 986705106
F. 986705333
Alcalde: Agustín Reguera Ocampo
Partido: PPDatos Xeográficos
Superficie: 24,9 Km2
Altura máxima: 468 m
Ríos: Verdugo
Parroquias: Arcade e SoutomaiorLugares de interese
Castelo de Soutomaior
Ermida da Peneda
Ponte Colgante sobre o río Verdugo
Mais información en:
www.soutomaior.comFestas
Festa da ostra
Certame da Camelia |