Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Programa de emprego Maiv Garantía Xuvenil 2021
Imprimir Enviar a un amigo/a

Programa de emprego Maiv Garantía Xuvenil 2021

Programa de emprego Maiv Garantía Xuvenil 2021

NOME DO PROGRAMA DE EMPREGO:            P.E. MAIV GARANTÍA XUVENIL 2021 Expediente:              36/00013/2021

Especialidades “DESEÑO GRÁFICO E DESEÑO WEB” e “DINAMIZACIÓN DE PROXECTOS"

Data de inicio:           09/08/2021

Data de finalización   08/09/2022

Entidade Promotora:  Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

  

RESUMO DAS ACTIVIDADE FORMATIVAS E DOS SERVIZOS E OBRAS

 

Nesta edición do Programa de Emprego “Maiv Garantía Xuvenil 2021” un total de 16 alumnos/as traballadores/as, incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deles 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade de “ARGG0110 Deseño Gráfico e Deseño Web e 8 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade SSCB0109 Dinamización comunitaria”.

O Programa de Emprego está cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, mediante a iniciativa de Emprego Xuvenil, programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020, cunha subvención de 369.492,32€.

Este proxecto ten unha duración de 12 meses, desde agosto de 2021 ata agosto de 2022, e desenvólvese nas instalacións da Maiv, sita na Avda. da Hispanidade nº 17. Conta para o seu desenvolvemento cun equipo directivo formado por un director, un experto/docente en deseño gráfico, unha experta docente en dinamización de proxectos e unha administrativa.

Como obxectivo temático enmarcado dentro do programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020 sinálase en particular OT 8: “Conseguir formación e un emprego de calidade”. Para isto o P.E. “Maiv Garantía Xuvenil 202” ten como un dos obxectivos específicos que un alumnado traballador acade as competencias profesionais no desenvolvemento de proxectos gráficos de diversa índole e outro alumnado traballador acade competencias elaborando estudos de necesidades municipais que permitan o deseño e posta en marcha e dinamización de proxectos de desenvolvemento local.

O alumnado-traballador ten un contrato de formación-aprendizaxe, a través do cal a formación altérnase coa adquisición de experiencia laboral e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, desenvolvendo un servizo de interese xeral e social, neste caso o deseño de novos servicios adicionais para os contornos web da mancomunidade así como a elaboración de proxectos e plans para emprendedores e pequenas empresas, ademais da creación de contidos e  actualización dos materiais de uso habitual dentro do servizo de asesoramento

Ademais da formación correspondente aos certificados de profesionalidade “ARGG0110 DESEÑO DE PRODUCTOS GRÁFICOS” e “SSCB0109 DINAMIZACIÓN COMUNITARIA”, o alumnado/traballador tamén recibirá formación complementaria en Prevención de Riscos Laborais, Alfabetización Informática, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Orientación Laboral e Creación de Empresas.

 

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org