Que é?
 
Partindo da definición de Vázquez Barquero (2000) de Desenvolvemento Local a UPD contempla a necesidade de acoller dita actividade no seu seo;
“O desenvolvemento local é un proceso de crecemento e cambio estrutural que mediante a utilización do potencial de desenvolvemento existente no territorio, conduce á mellora do benestar da poboación dunha localidade ou rexión.” 
Por conseguinte, o obxectivo que persigue o presente proxecto é facilitar o proceso de crecemento e cambio estrutural e sostible do sistema socioeconómico da área de actuación. Para elo, a UDP desenvolverá accións dirixidas cara á investigación da situación socioeconómica e laboral da zona, á creación de ferramentas de actuación e á dinamización do tecido asociativo e empresarial local así como á cooperación cos axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL). 
Os obxectivos para a presente área de actividade son os seguintes:
- Coñecer, analizar e divulgar os recursos dispoñibles no territorio e os factores e oportunidades potenciais de desenvolvemento, detectando as tendencias en materia de emprego.
- Desenvolver e por a disposición da poboación as ferramentas e produtos desenvoltos coa finalidade de apoiar o desenvolvemento da zona. 
- Dinamizar o tecido institucional, asociativo e empresarial grazas á cooperación cos axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) da área de actuación. 
As accións explicadas con anterioridade, teñen como produtos: 
-         Servizo de Información Territorial
-         Banco de Ideas
        -       Diagnósticos do territorio (sociais, económicos, laborais, etc).