O concello localízase no nordeste da Mancomunidade de Vigo ao pé da Serra do Suído, polo que é o máis interior e montañoso de toda a área, acadándose máis de 1.000 metros de altura nalgúns cumes. Da Serra do Suído baixan os arroios que alimentan o río Oitavén, canle que orixina os vales fluviais máis destacados do concello, nos que se asenta a poboación. Os usos do solo que predominan nestas terras setentrionais relaciónanse co aproveitamento forestal. O matorral, as coníferas e eucaliptais destacan sobre o resto dos usos debido á topografía accidentada e á altitude que acada o relevo da zona. Por esta razón é pola que o monte representa o maior recurso natural do concello. Fornelos de Montes pode considerarse unha das áreas máis deprimidas da Mancomunidade de Vigo, tanto polo despoboamento como polas escasas actividades económicas que se desenvolven, que fan que a maioría dos seus habitantes teñen que traballar nos concellos dos arredores. As empresas radicadas no territorio do concello son escasas e o volume de facturación destas é o menor de todos os concellos limítrofes. As maiores riquezas deste concello son as naturais, pois posúe recursos paisaxísticos de gran valor ecolóxico e con gran potencial turístico como por exemplo a serra do Suído, o encoro de Eiras, a fraga do Couñago ou o curso do río Oitavén. |
Concello
Enderezo: Igrexa, 10–36847- Fornelos de Montes Datos Xeográficos
Superficie: 83,1 Km2 Lugares de interese
Cidadela do Monte da Cidade Mais información en: Festas
Festival Folk |