Está situado no extremo norte da Mancomunidade de Vigo e se caracteriza por ser, xunto con Fornelos de Montes, o territorio máis accidentado da área da Mancomunidade de Vigo.
O concello, distante tan só a 23 km da cidade de Vigo, posúe características naturais que lle confiren un importante papel no que a oferta de ocio se refire, oferta que se ve reforzada polo seu patrimonio construído e o seu carácter rural.
Está bañado polo río Borbén que o atravesa de norte a sur configurando unha cunca fértil onde os habitantes practican unha agricultura de autoconsumo familiar, e polo río Barragán, fortemente encaixado e que forma límite natural con Fornelos de Montes.
As relacións cotiás do concello establécense sobre todo con Redondela, pola proximidade espacial e as vías de comunicación terrestre que conducen de Pazos de Borbén a aquel concello.
|
Concello
Enderezo: Pazos, 52 – 36841 Datos Xeográficos
Superficie: 50 Km2 Lugares de interese
Miradoiro do Galleiro
Fraga do Rei
Cruceiro de Moscoso
Muíño de Carrillón
Mais información en:
http://pazosdeborben.org/Festas
Romaría do Santo Aparecido
Festa das chulas
Festa da Cacheira |