Que é a Escola de Emprego
Que é a Escola de Emprego

A Escola de Emprego é unha ferramenta que a UPD da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo pon ao servizo do persoal beneficiario dos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, de cara a facilitarlles a súa inserción no mercado laboral. A Escola de Emprego pon en contacto ao alumnado-traballador destes proxectos, con empresas dos sectores nos que se están formando para así facer de intermediario no mercado laboral.


Este proceso realízase en dúas fases:


1ª Fase:
 O persoal directivo dos proxectos de OE/EO e outro persoal técnico (UPD e AEDLs), contacta coas empresas do territorio interesadas en participar nesta Iniciativa.


2ª Fase:  O alumnado-traballador rexístrase no Portal, mantendo actualizado o seu currículo.


Por outra banda, a Escola de Emprego tamén facilitará información teórico-práctica do itinerario a seguir polo alumnado-traballador na busca de emprego tanto por conta allea como por conta propia.

 
CALENDARIO
   
 
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Hispanidade nº 17, 36203, Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44
E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org