Conta Propia
Conta Propia

.

 

Autoemprego como saída laboral (subir)

Ao marxe da busca de emprego por conta allea os/as alumnos/as traballadores/as dos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego teñen outra alternativa que é crear o seu propio posto de traballo. A través desta fórmula, unha ou varias persoas poderán constituír a súa propia empresa e crear o seu propio posto de traballo. Dentro desta modalidade de busca de emprego é preciso ter en conta diversos factores que analizaremos de contado.

 

A persoa emprendedora (subir)

É aquela que se ve capacitada para poñer en marcha unha idea de negocio. Esta persoa debería reunir unha serie de caracteres ao marxe de ter os coñecementos da profesión precisos para desenvolver a súa actividade, pero estes non son requisitos indispensables xa que algún deles adquiriranse co tempo.

  • Os caracteres son os seguintes:
    • Motivación e confianza: debe estar convencida do que vai a levar a cabo e confiar no seu proxecto.
    • Asumir Riscos: debe avaliar os riscos que está asumindo e ter a capacidade requirida para afrontalos.
    • Organizado e con capacidade de mando: debe ser unha persoa organizada e ter dotes de mando.
    • Capacidade de liderazgo e motivación para dirixir a un equipo e conducilo aos obxectivos que se marquen.
  • Os coñecementos profesionais serán:
    • Ter experiencia no sector e no traballo o que nos vamos a adicar.
    • Coñecemento de experiencias similares.Experiencia ou formación como empresario.

 

A Idea (subir)

As ideas de negocio nacen a partir duns caracteres previos que o/a promotor/a debe reunir ou ben percibir como son a formación no sector, a experiencia laboral previa, os cambios do contorno ou diversas informacións persoais que se posúan. A partir destes caracteres e ben copiando outras ideas, ideando novas formas de prestar un servizo ou ben aplicando habilidades persoais intentaremos facer as cousas mellor que os demais, satisfacer unha necesidade que non se está prestando, ocupar un oco no mercado ou idear unha nova forma de facer.

 

 

CALENDARIO
   
 
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Hispanidade nº 17, 36203, Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44
E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org