Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Gijón Ciudad Abierta"

Especialidades: - Turismo e organización de eventos / 14 alumnos
- Atención a mozos e mozas con dificultade / 10 alumnos
Provincia: Asturias
Concello: Gijon
Entidade promotora: Concello de Gijón
Data inicial: 15/07/2005
Data final: 14/07/2006
Contido de obra ou servizo: A actuación varía segundo a especialidade. O alumnado traballador de "Turismo e organización de eventos" desenvolveron un diagnóstico dos recursos e servizos turísticos da cidade, deseñaron materiais divultativos do turismo, organizaron feiras visitas, charlas, actividades lúdicas, etc para a entidade promotora, participaron con stands en feiras, etc.
Pola súa banda, a especialidade de "Atención á mozos e mozas con dificultades" desenvolven talleres e accións de atención a mozos e mozas que forman parte da Escola de Segunda Oportunidade.
Dificultades: Non se contempla ningunha dificultade a maiores das que poidan xurdir en calquera proxectos de formación e emprego.
Observacións: O 50% do alumnado traballador da especialidade de "Turismo e organización de eventos"son tituladas superiores, mentras que en"Atención a mozos e mozas con dificultades" a cifra sitúase nun 40% . O 88% das persoas participantes son mulleres.
A Escola de Segunda Oportunidade é un recurso pedagóxico do concello de Xixón para apoiar a mozos e mozas de entre 14 e 24 anos que están en situación de especial risco para que poidan permanecer nos recursos normalizados o incorporarse aos mesmos, ofrécenselles actividades artísicas, de saude e de formacion sempre adaptadas ás necesidades e intereses de cada persoa . Esta iniciativa do concello de Xixón con xa 6 anos de vixencia forma parte da rede europea de escolas de segunda oportunidade e se nutre co persoal do obradoiro de emprego para a organización e desenvolvemento das actividades.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org