Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Arquivo de proxectos
Galego Español
Arquivo de proxectos
Imprimir Enviar a un amigo/a
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego OE Forcarei I

Concello: Forcarei
Entidade promotora: Concello de Forcarei
Data inicial: 30/06/2010
Data final: 29/06/2011
Obra xeral: - Rehabilitación da casa escola de Vilar. Encóntrase en mal estado de conservación en todos os niveis.Tratase dunha antiga escola. Esta casa vaise rehabilitar co presente obradoiro de emprego. Acondicionamento da zona exterior como actuación en xardinería.

- Rehabilitación do lavadoiro de Morgade.Tratase dunha antiga construcción formada por tres volumes de planta baixa, os volumes situados nos extremos encerran dous lavadoiros, pechados con cerramentos de muros de carga de pedra e cuberta a unha auga, un deles conserva a cuberta orixinal con estrutura portantde de madeira e lousas como material de cubrición, mentres que o outro lavadoiro está cuberto por unha lousa de formigón armado. A peza central do conxunto das construcións é unha pía que se emprega coma bebedoiro.


- Acondicionamento do contorno da nave do obradoiro de emprego. Hai que preceder a unha preparación a fondo da mesma.Nesta parcela vaise ubicar unha parte moi importante do poxeto do obradoiro de emprego comoé todo o tema de reprodución e manexo de material vexetal. A Superficie de actuación alcanza os 2.200m2.

- Acondiciomanemto do contorno do polígono industrial de Vilapouca. Atópase en fase de obra polo que as superficies de actuacón para xardíns e zonas verdes hai que definilas e empezar de cero. Hai duas actuacións pricipais, unha son as zonas verdes e de axardinado (rotondas, taludes e zonas comúns), e a ribeira e o paseo do regato.


- Acondicionamento da carballeira de Covas.Trátase dunha carballeira autóctona cunha superficie total de actuación de 28.872 m2 e atópase en moi mal estado de conservación.

- Recuperación dos xardíns da casa do concello.Trátase de 4 parterres de xardíns ao lado mesmo da Casa do Concello, no medio do casco urbano de Forcarei, que se atopan en mal estado de conservación.


- Acondicionamento do parque de Forcarei.Ten zona de parque infantil, e pistas deportivas, cunha actuación en xardinería de 4.400m2. O estado actual de céspede é malo, hai falta de límites nalgunhas zonas. O mobiliario urbano está en mal estado. Hai zonas de terraplén perigosas e o peche perimetral está feito con bloque de hormigón visto que se pode disimular ou ocultar.

- Acondicionamento do parque Venezuela de Soutelo.Hai unha zona de terraplén perigosa. A zona de céspede non está en moi mal estado, os parterres de xardín están a herba e os camiños entre eles están degradados.

- Acondicionamento do parque do ambulatorio de Forcarei. Trátase dun parque a céspede, que non se encontra en moi bo estado, con árbores frondosas de relativo gran tamaño.As actuacións teñen que derixirse a céspede no canto de xardín, así como saneamento das árbores.
Especialidades: - Albanelaría > Alumnado: 9 | 9 homes
- Carpintaría > Alumnado: 9 | 5 homes | 4 mulleres
- Xardinaría-Traballo forestal > Alumnado: 9 | 4 homes | 5 mulleres
Web: http://www.updmaiv.org/oeforcarei
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org