1. Comeza a procura
Conta Allea: 1. Comeza a procura

Na busca de traballo o primeiro que terás que facer é coñecerte a ti mesmo e as túas posibilidades laborais. A continuación, analiza a demanda do mercado de traballo, e por último, compara ámbalas dúas para tomar a túa decisión.
 

     a) Coñece o teu perfil (subir)

Aquí comeza o percorrido que terás que realizar na procura dun posto de traballo. Para iso, identifica os teus puntos fortes e febles tanto persoais coma profesionais. Analiza a túa dispoñibilidade (de horario, desprazamento, mobilidade,…) e ocupabilidade (coñecementos, cualificación profesional, experiencia,…). Desta maneira, será máis doado que decidas en que empresas, postos e condicións estás interesada/o e que afrontes con éxito as probas de selección que fan as empresas. Identifica:

  • Trazos persoais. Reflexiona sobre aqueles aspectos positivos e negativos que te definen como persoa e che axudarán a coñecerte e iniciar a procura do traballo. Por exemplo: ser unha persoa responsable, eficiente, resolutiva, etc. son aspectos que te definen.
  • Cualificación profesional. É o conxunto de habilidades, destrezas, coñecementos e experiencia laboral que te definen para o desempeño dun traballo. Por exemplo: se queres optar a un posto para cociña terás que ter creatividade, nocións de cociña e algunha experiencia nun posto similar no sector.
  • Condicións de traballo que acepto. É moi importante que coñezas as características laborais que teñen os postos de traballo que che interesan: condicións económicas, horarias, quendas, perigosidade. Por exemplo se o que queres ser é camareiro/a a túa dispoñibilidade horaria abranguerá tamén o fin de semana.

 

     b) Analiza o mercado de traballo (subir)

O mercado de traballo estase a modificar continuamente. Coñecer o que están a demandar as empresas vaiche permitir adaptarte as mesmas e a identificar aqueles sectores e postos que encaixan co teu perfil profesional. Por iso, ante unha profesión determinada terás que indagar que estudios son necesarios, as capacidades profesionais que debes ter para realizar as tarefas e as aptitudes e actitudes que terás que amosar. Ademais, deberás observar os condicionantes externos que o caracterizan.
 

     c) Compara o mercado (subir)

Se coñeces o teu perfil e o que demanda o mercado de traballo xa estás preparado para comparar se o que tes coincide co que se está a pedir.

 

 

     Consellos

  • Cando analices o teu perfil persoal...
    • Sé sinceiro e realista á hora de autodefinirte.
    • Avalía se a túa personalidade actual é a máis idónea para atopar un traballo.
    • Se queres, podes pedir a alguén que che axude a coñecerte.
  • Selecciona os tipos de ocupación onde podes ter máis éxito.
  • Fórmate en aquelas carencias que detectarás.
  • Pensa na túa dispoñibilidade antes de encamiñarte a un posto de traballo determinado.
  • Ten en conta que ás veces é necesario empezar a traballar cunhas condicións que non se corresponden coas túas expectativas para despois mellorar.
  • É importante que dediques un tempo a coñecer o perfil profesional que se está a demandar na actualidade.
  • Analiza detidamente a oferta, diferenza entre condicións imprescindibles e recomendables e decide se o teu perfil se axustaría ao posto demandado.
CALENDARIO
   
 
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Hispanidade nº 17, 36203, Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44
E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org