3. Ferramentas de busca
Conta Allea: 3. Ferramentas de busca

O proceso de busca de emprego é un traballo en si mesmo que leva moito esforzo e dedicación, cuxo obxectivo é acadar un emprego no que te desenvolvas profesionalmente. Para darte a coñecer ás empresas é necesario elaborar o teu curriculum profesional e dominar outras ferramentas básicas que che axudaran nesta procura.

 

As ferramentas básicas na busca de emprego son:

 

Xa podes ser un candidato/a das ofertas de traballo que che ofrece a web de emprego. Date de alta como candidato/a. Introduce os datos do teu curriculum e comeza a buscar traballo!

 

     1. Curriculum Vitae  (subir)

É de vital importancia redactar un bo currículo xa que é un resumo dos teus datos persoais, académicos e profesionais, onde reflictas as túas aptitudes e capacidades. Ten en conta que é a túa vía de presentación ás empresas, o escaparate da túa formación, experiencia e destrezas. Nesta páxina atoparás información de como redactalo e varios modelos que podes utilizar. Pica no seguinte link para obter os distintos modelos de CV.


Non existe un modelo ou forma máxica de currículo pero si unha norma xenérica: debe ser sinxelo de ler e á vez atraer a atención e suscitar o interese do/a seleccionador/a, destacando aquelas características persoais e profesionais que fan que a persoa candidata sexa o idóneo para o posto.


Consellos para a elaboración dun bo currículum

Non esquezas ter a túa documentación acreditativa preparada (títulos, certificados, diplomas, contratos, vida laboral,…), pode ser que cha requiran en calquera momento.
  • Procura reflectir os teus datos de xeito breve, claro e sen faltas de ortografía.
  • Adapta sempre o teu curriculum á oferta á que te dirixas.
  • Non mintas, lembra que todo o que presentes vas ter que xustificalo.
  • Redáctao a ordenador utilizando papel de boa calidade e tamaño DIN A4.
  • Entrega sempre o orixinal nunca fotocopias.
  • Acompaña o curriculum cunha carta de presentación.
  • Non o asines.
  • Pecha o curriculum coa data da última actualización.

 
Modelos de Curriculum Vitae

  • Inverso: Comeza a exposición da formación e experiencia laboral dende o mais recente ata o máis antigo. Modelo de currículo recomendado.
  • Funcional: Destaca as áreas funcionais de actividade de xeito estruturado e independente. Recomendado para quen ten períodos temporais nos que non traballou.

 

     2. A carta de presentación (subir)

A carta de presentación é como a túa tarxeta de visita. Nela dás a coñecer brevemente os teus intereses e os coñecementos que posúes de acordo co posto de traballo ao que te dirixe. Redacta unha carta que induza á lectura do teu curriculum. Non se trata de repetir o exposto no mesmo, senón de sintetizar e amosar de xeito positivo os aspectos máis relevantes acordes coa oferta de emprego á que optes.


Existen diferentes modelos de carta de presentación, aínda que todas elas se caracterizan por ter a seguinte estrutura:

  • Encabezamento.
  • Saúdo inicial.
  • Primeiro parágrafo expoñendo o motivo polo que se envía a carta.
  • Segundo parágrafo onde manifestes o teu interese polo traballo.
  • Terceiro parágrafo onde expreses o obxectivo que pretendes coa carta.
  • Despedida e sinatura.

 


Presentámosche algúns modelos de cartas de presentación: resposta a un anuncio e autocandidatura .


Consellos para a elaboración da carta de presentación

  • Se breve, como máximo podes escribir un folio.
  • Redacta claramente as ideas.
  • Redáctao a ordenador utilizando papel de boa calidade e tamaño DIN A4.
  • Escribe en primeira persoa e sempre en positivo.
  • Envía o orixinal e asina a carta.
  • Sé unha persoa cordial e respectuosa.
  • Adapta a carta ao posto de traballo ao que te dirixas.

 

     3. Solicitude de Emprego (subir)

Son moitas as empresas as que che podes achegar, ben por iniciativa propia ou ben para dar resposta a unha oferta publicada, co obxecto de cumprimentar unha solicitude o formulario de emprego que che permita formar parte da súa base de datos e acceder aos postos de traballo que se poidan demandar.


Non teñas inseguridade á hora de ter que cumprimentar unha solicitude, será máis doado se tes elaborado o curriculum e o levas contigo.

 

     4. A chamada telefónica (subir)

En numerosas ocasións vaste atopar con ofertas de emprego nas que tan só se facilita un número de teléfono de contacto, polo que non estaría de máis que estiveras preparado para poder realizala.


Deberías ter en conta:

  • Elixe un lugar tranquilo para manter a conversa, procura non facelo nunha cabina telefónica.
  • Realiza un esquema dos asuntos a tratar antes de chamar.
  • Diríxete á persoa interlocutora de maneira respectuosa e cunha linguaxe clara.
  • Recorda aspectos importantes como a concisión, tranquilidade, dicción e o sorriso á hora de manter unha conversa telefónica.
  • Preséntate dicindo o nome e a posible relación co posto.
  • Se a persoa interlocutora parece estar ocupada, queda para máis tarde.
  • Precisa o motivo da chamada.
  • Deixa nome e teléfono de contacto.

 

     5. O autoanuncio (subir)

Outra posibilidade para darte a coñecer e a confección do teu propio anuncio para venderte como traballador ou traballadora.


Os datos mínimos que debe conter son:

  • A túa profesión/oficio.
  • Coñecementos especializados.
  • A túa dispoñibilidade.
  • O teléfono de contacto.

 

Mira o exemplo que che ofrecemos:

 

 

CALENDARIO
   
 
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Hispanidade nº 17, 36203, Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44
E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org